martes, 15 de diciembre de 2015


Agora que se acerca o Nadal, aproveito para deixarvos estas recomendacións de lecturas, posto que son moitos os días de lecer, e ler un rato pode convertirse nunha distracción moi interesante.

As lecturas están relacionadas co marabilloso mundo da banda deseñada.

Desexo que vos gusten e que teñades unhas felices festas!!!!

Vémonos á volta!!!!






























miércoles, 30 de septiembre de 2015



Setembro 2015
Ola a todos e todas!!

Son CROCOLIBRO, a mascota deste cole tan chulo, e habito na biblioteca, entre contos e historias emocionantes, agardando as vosas visitas.

Douvos a benvida a todos os rapaces e rapazas, mestres e mestras que xa coñezo, pero en especial a todos aqueles que sodes novos aquí. Xa veredes que contentos ides estar.

Este ano imos traballar a BANDA DESEÑADA, un tipo de literatura fascinante ao alcance de todos os públicos, grandes e pequenos. A min encántame ler tebeos. E a vos?

Lembrade que vos agardo na biblioteca a partires do 1 de outubro, para pasarmos un rato entretido entre follas e letras e para facer uso do préstamo de libros, que como todos os anos, será na hora de lecer e nas sesións que os vosos titores e titoras dispoñan.

Unha aperta moi grande a todos e todas!!

CROCOLIBRO


martes, 7 de abril de 2015

Infantil catro anos A e B

Os alumnos de catro anos de infantil fixeron diversas actividades relacionadas cos vikingos. Así, aprenderon onde vívian, como eran as súas armas, os seus barcos.... etc.


martes, 17 de marzo de 2015

Semana da prensa alumn@s de segundo

Os alumnos de 2ºA e 2º B,  logo de ollar e revisar as diferentes partes dun xornal,
 crearon por parellas a portada do seu propio xornal.

Xogos civilizacións

Realizáronse diferentes xogos, no patio do colexio,   relacionados coas civilizacións.

martes, 3 de marzo de 2015